Estas son as nosas charlas. Podes consultar información sobre próximas charlas, ou acceder aos recursos de charlas anteriores.
Cada proxecto desenvolvido en Python pode ter unha serie de paquetes (numpy, matplotlib, opencv …) ou versións específicas destes paquetes. Nesta charla aprenderemos a crear entornos virtuais de Python para manter estes paquetes organizados e evitar incompatibilidades, ademais de encher o noso sistema de paquetes que só necesitamos nun proxecto. Usando un sistema sinxelo integrado en Python, crearemos os nosos entornos virtuais, coas dependencias necesarias e as súas versións compatibles e faremos máis doado o desenvolver e probar as nosas aplicacións, tanto nas nosas máquinas como nas dos nosos compañeiros.
Máis informaciónO próximo martes 19 de outubro imos realizar un obradoiro sobre o control de versións Git. Traballes só ou en equipo; desenvolvendo código, escribindo documentación, artellando configuracións ou facendo páxinas webs: levar un axeitado control de versións é unha práctica imprescindible. Git é un versátil e potente sistema de control de versións que se axeita a case calquera fluxo de traballo e necesidade. Neste obradoiro aprenderás o seu uso máis básico.
Máis informaciónO próximo martes 5 de outubro imos realizar un obradoiro sobre o Shell de Linux. A terminal de Linux pode ser complicada, pero hai moitas alternativas e ferramentas que te fan a vida máis sinxela. Neste obradoiro aprenderás a customizar a túa consola dun xeito fácil.
Máis informaciónO próximo martes día 28 de setembro no GPUL imos organizar un obradoiro de instalación dun sistema operativo GNU/Linux nos portátiles dos asistentes. O obradoiro está orientado a novos alumnos de informática.
Máis informaciónLaTeX é un sistema de edición de documentos de alta calidade orientado ao mundo técnico e cientíico, onde é o standard de facto. Ademais, desde o curso pasado é o que hai que usar para facer a memoria do TFG do GEI na FIC. Os documentos en LaTeX non se"editan", senón que se"especifican", dun xeito moito máis parecido a como programamos en HTML ou Markdown que a como traballamos en suites de oficina tipo (Libre)Office.
Máis información