Charlas

Estas son as nosas charlas. Podes consultar información sobre próximas charlas, ou acceder aos recursos de charlas anteriores.

Docker 101 Workshop

13/12/2022 - Aula 2.12 - Facultade de informática

O próximo martes 13 de decembro imos realizar un obradoiro sobre Docker. Aprende Docker. Entender o que é unha imaxe, crear os teus propios contenedores, executalos, depuralos e tamén algún exemplo de escenarios mais complexos. Docker é un proxecto de código aberto que automatiza o despregamento de aplicacións dentro de contenedores de software, proporcionando unha capa adicional de abstracción. Neste obradoiro aprenderás o seu uso máis básico.

Máis información

Introducción a Git

01/11/2022 - Aula 2.12 - Facultade de informática

O próximo martes 8 de novembro imos realizar un obradoiro sobre o control de versións Git. Traballes só ou en equipo; desenvolvendo código, escribindo documentación, artellando configuracións ou facendo páxinas webs: levar un axeitado control de versións é unha práctica imprescindible. Git é un versátil e potente sistema de control de versións que se axeita a case calquera fluxo de traballo e necesidade. Neste obradoiro aprenderás o seu uso máis básico.

Máis información

Introducción a Shell

18/10/2022

O próximo martes 18 de outubro imos realizar un obradoiro sobre o Shell de Linux. A terminal de Linux pode ser complicada, pero hai moitas alternativas e ferramentas que te fan a vida máis sinxela. Neste obradoiro aprenderás a empregar estas ferramentas e a customizar a túa consola dun xeito fácil.

Máis información

Install Party GNU/Linux

04/10/2022

O próximo martes día 4 de outubro no GPUL imos organizar un obradoiro de instalación dun sistema operativo GNU/Linux nos portátiles dos asistentes. O obradoiro está orientado a novos alumnos de informática e ao público xeral que queira aprender a instalar un sistema operativo libre.

Máis información

Introducción a LaTeX: e ti, xa sabes programar documentos ou aínda os escribes?

30/11/2021

O mundo da tecnoloxía está poblado por moitas e diferentes linguaxes: funcionais, imperativas, compiladas, interpretadas, lóxicas, de consulta… Mais un eido resiste aínda e sempre ás eternas batallas entre paradigmas e sintaxes: a programación de documentos. A vida non é doada para as guarnicións de estudantes que se empeñan e seguir usando procesadores de texto WYSIWYG (LibreOffice, Google Docs, Microsoft Word…). Neste obradoiro, poderás pasar a formar parte da aldea gala de LaTeX.

Máis información