Estas son as nosas charlas. Podes consultar información sobre próximas charlas, ou acceder aos recursos de charlas anteriores.
O próximo martes 18 de outubro imos realizar un obradoiro sobre o Shell de Linux. A terminal de Linux pode ser complicada, pero hai moitas alternativas e ferramentas que te fan a vida máis sinxela. Neste obradoiro aprenderás a empregar estas ferramentas e a customizar a túa consola dun xeito fácil.
Máis informaciónO próximo martes día 4 de outubro no GPUL imos organizar un obradoiro de instalación dun sistema operativo GNU/Linux nos portátiles dos asistentes. O obradoiro está orientado a novos alumnos de informática e ao público xeral que queira aprender a instalar un sistema operativo libre.
Máis informaciónO mundo da tecnoloxía está poblado por moitas e diferentes linguaxes: funcionais, imperativas, compiladas, interpretadas, lóxicas, de consulta… Mais un eido resiste aínda e sempre ás eternas batallas entre paradigmas e sintaxes: a programación de documentos. A vida non é doada para as guarnicións de estudantes que se empeñan e seguir usando procesadores de texto WYSIWYG (LibreOffice, Google Docs, Microsoft Word…). Neste obradoiro, poderás pasar a formar parte da aldea gala de LaTeX.
Máis informaciónDocker es una plataforma que permite empaquetar software en unidades estandarizadas llamadas contenedores que incluyen todo lo necesario para que dicho software se ejecute, incluidas bibliotecas, herramientas de sistema, código y tiempo de ejecución. En este taller realizaremos una introducción al entorno y daremos los primeros pasos para poder trabajar con esta plataforma. O contido empregado neste School pode atoparse neste respository de github. As transparencias empregadas neste School atópanse disponibles neste enlace.
Máis informaciónCada proxecto desenvolvido en Python pode ter unha serie de paquetes (numpy, matplotlib, opencv …) ou versións específicas destes paquetes. Nesta charla aprenderemos a crear entornos virtuais de Python para manter estes paquetes organizados e evitar incompatibilidades, ademais de encher o noso sistema de paquetes que só necesitamos nun proxecto. Usando un sistema sinxelo integrado en Python, crearemos os nosos entornos virtuais, coas dependencias necesarias e as súas versións compatibles e faremos máis doado o desenvolver e probar as nosas aplicacións, tanto nas nosas máquinas como nas dos nosos compañeiros.
Máis información