Estas son as nosas charlas. Podes consultar información sobre próximas charlas, ou acceder aos recursos de charlas anteriores.
O próximo mércores día 4 de outubro no GPUL imos organizar un obradoiro de instalación dun sistema operativo GNU/Linux nos portátiles dos asistentes. O obradoiro está orientado a novos alumnos de informática e ao público xeral que queira aprender a instalar un sistema operativo libre.
Máis informaciónO próximo martes 13 de decembro imos realizar un obradoiro sobre Docker. Aprende Docker. Entender o que é unha imaxe, crear os teus propios contenedores, executalos, depuralos e tamén algún exemplo de escenarios mais complexos. Docker é un proxecto de código aberto que automatiza o despregamento de aplicacións dentro de contenedores de software, proporcionando unha capa adicional de abstracción. Neste obradoiro aprenderás o seu uso máis básico.
Máis informaciónO próximo martes 8 de novembro imos realizar un obradoiro sobre o control de versións Git. Traballes só ou en equipo; desenvolvendo código, escribindo documentación, artellando configuracións ou facendo páxinas webs: levar un axeitado control de versións é unha práctica imprescindible. Git é un versátil e potente sistema de control de versións que se axeita a case calquera fluxo de traballo e necesidade. Neste obradoiro aprenderás o seu uso máis básico.
Máis informaciónO próximo martes 18 de outubro imos realizar un obradoiro sobre o Shell de Linux. A terminal de Linux pode ser complicada, pero hai moitas alternativas e ferramentas que te fan a vida máis sinxela. Neste obradoiro aprenderás a empregar estas ferramentas e a customizar a túa consola dun xeito fácil.
Máis informaciónO próximo martes día 4 de outubro no GPUL imos organizar un obradoiro de instalación dun sistema operativo GNU/Linux nos portátiles dos asistentes. O obradoiro está orientado a novos alumnos de informática e ao público xeral que queira aprender a instalar un sistema operativo libre.
Máis información