Cómo sobrevivir fóra da FIC

Detalles da charla

12/12/2024

19:00 a 20:30

Aula 3.5 - Facultade de Informática

Pablo Castro e Brais Árias (GPUL)

Apúntate en meetup

Ano tras ano vemos como a tecnoloxía é un campo con moita saída laboral, moito sitio donde innovar e aprender cousas modernísimas e con tobogáns nas oficinas pero cando chegas a currar atópaste con código en Java 4, horas extra sin pagar e con unha cultura empresarial moi lonxe do que debería ser.

Nesta charla queremos falar da nosa experiencia polas diversas empresas polas que pasamos e facer unha intro ao noso sector para darche uns cuantos consellos prácticos co obxectivo de que a túa saída laboral sexa como ten que ser e non caigas onde non debes ;)

Tamén presentaremos o Premio ao TFG/TFM libre e daremos algúns consellos para facerte cos premios valorados en 1.500€ e 750€.

Veremos de qué vai iso do software libre, de cómo a idea de compartir coñecemento está a cambiar o mundo e do importante que é para o teu futuro profesional xa que ao final, para as empresas que importan, participar no software libre é o teu novo currículum.

Diapositivas da charla

https://atlantica-conf.gitlab.io/guia-para-sobrevivir-fora-da-fic/#/portada

Grabación da charla