Traballes só ou en equipo; desenvolvendo código, escribindo documentación, artellando configuracións ou facendo páxinas webs: levar un axeitado control de versións é unha práctica imprescindible.
Git é un versátil e potente sistema de control de versións que se axeita a case calquera fluxo de traballo e necesidade.
Neste obradoiro aprenderás o seu uso máis básico.