Steam Deck: como se creou unha máquina de videoxogos usando Linux

Detalles da charla

22/11/2023

18:30 a 20:30

Laboratorio 0.6w - Facultade de informática

Alberto García

A Steam Deck é unha máquina de videoxogos portátil que saiu á venda no ano 2022 e que usa SteamOS, un sistema operativo baseado en Linux. Nesta charla un dos membros do equipo de SteamOS dará unha visión xeral do sistema operativo e das súas funcións principais, con algúns exemplos do traballo que foi necesario para sacar ao mercado unha máquina como esta, e de como ese traballo está a mellorar o ecosistema Linux en xeral.

Alberto García é un dos socios da empresa Igalia, onde leva máis de 20 anos traballando no mundo do software libre en todo tipo de proxectos. É un desenvolvedor activo de Debian e ten anos de contribucións a proxectos como QEMU. Na actualidade é membro do equipo de SteamOS, o sistema operativo da Steam Deck.