Introducción a Git

Detalles da charla

01/11/2022

18:45 a 20:30

Aula 2.12 - Facultade de informática

Emilio Padrón González

O próximo martes 8 de novembro imos realizar un obradoiro sobre o control de versións Git.

Traballes só ou en equipo; desenvolvendo código, escribindo documentación, artellando configuracións ou facendo páxinas webs: levar un axeitado control de versións é unha práctica imprescindible.

Git é un versátil e potente sistema de control de versións que se axeita a case calquera fluxo de traballo e necesidade. Neste obradoiro aprenderás o seu uso máis básico.