Docker 101 Workshop

Detalles da charla

13/12/2022

18:45 a 20:30

Aula 2.12 - Facultade de informática

Jorge Teixeira Crespo

O próximo martes 13 de decembro imos realizar un obradoiro sobre Docker.

Aprende Docker. Entender o que é unha imaxe, crear os teus propios contenedores, executalos, depuralos e tamén algún exemplo de escenarios mais complexos.

Docker é un proxecto de código aberto que automatiza o despregamento de aplicacións dentro de contenedores de software, proporcionando unha capa adicional de abstracción.

Neste obradoiro aprenderás o seu uso máis básico.