19/11/2019
LaTeX é un sistema de edición de documentos de alta calidade orientado ao mundo técnico e cientíico, onde é o standard de facto.
Ademais, desde o curso pasado é o que hai que usar para facer a memoria do TFG do GEI na FIC.
Os documentos en LaTeX non se"editan", senón que se"especifican", dun xeito moito máis parecido a como programamos en HTML ou Markdown que a como traballamos en suites de oficina tipo (Libre)Office.
Nesta sesión, aprenderemos todo o que precisamos saber para ir até o infinito e máis aló no mundo de LaTeX.
As transparencias empregadas neste School atópanse disponibles neste enlace.